Excursión Acuario 2026

🌊🐟 Apaixóaste polo mar? Esta excursión é para ti! 🐚🌿
Se che fascinan os peixes, as algas e toda a vida mariña que nos rodea, non podes perder esta saída especial organizada en colaboración co equipo do Acuario da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

🔍 Xuntos exploraremos a flora e fauna autóctona da nosa costa, aprendendo mentres gozamos da natureza mariña nun entorno privilexiado.

📅 ¡Non quedes sen praza!

Se tes dúbidas ou queres máis info, podes contactarnos por correo ou a través das nosas redes sociais.

Polillada 2026

Coa chegada de maio… chega a polillada de UDCbigbang 🦋✨

Anímate a descubrir os diferentes tipos de avelaíñas que habitan no campus de A Zapateira da Universidade da Coruña 🌿🔎

Unha oportunidade perfecta para achegarse á natureza, aprender sobre biodiversidade e desfrutar dunha noite diferente no campus 🌙

Non cho perdas! A natureza agárdate! 💚

Actividade organizada en colaboración coa Oficina de Sustenabilidade da UDC

II Feira de Orientación Académica da Comarca de Barbanza

Hoxe, catro membros da nosa asociación participaron na II Feira de Orientación Académica da comarca do Barbanza, en representación da Universidade da Coruña.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto os graos da Facultade de Ciencias (@patcienciasudc), así como a experiencia da vida universitaria. Ademais, puideron experimentar con nós a través de pequenas actividades prácticas 🧪✨

Moitas grazas pola invitación e a todas as persoas que se achegaron á nosa mesa. Foi un pracer compartir este tempo con vós!3 d

Visita ao MUNCYT

Hoxe foi un día para lembrar ✨

Os membros de UDCbigbang tiveron a oportunidade de visitar o @muncyt_es, onde puideron descubrir de primeira man algunhas das invencións españolas máis destacadas, explorar como é un avión por dentro ✈️ e viaxar pola evolución da ciencia e da tecnoloxía desde 1900 ata 2000.

Unha tarde chea de aprendizaxe, curiosidade e moitas risas, na que tamén atopamos tempo para gravar algúns vídeos moi chulos 🎥

Seguimos sumando experiencias! 🚀

#museo#coruña#udc#vamonos

Charla impresión 3D con GPul

Onte, María e Víctor, membros da nosa asociación, levaron a charla “Imprimindo a ciencia: descobre a impresión 3D” á Facultade de Informática @fic_udc 💻🧪, en colaboración coa asociación @gpul_.

Foi unha oportunidade incrible para achegar a impresión 3D ao mundo da ciencia e amosar todo o seu potencial 🔬✨

Queremos dar as grazas a GPul por convidarnos e facelo posible, e tamén a todos os investigadores do CITIC, @cica_udc e @citeec_udc que nos prestaron mostras das súas impresións 3D para ilustrar este apaixonante mundo 🙌🌍
Seguimos divulgando ciencia! 🚀

✨🌿 Resumo III INTERCAMBIO DE PLANTAS UDCbigbang 🌿✨

Hoxe celebramos con grande éxito a terceira edición do noso Intercambio de Plantas, un encontro que xa se está a converter nun clásico dentro do programa Mazo Ambiental da @oficina_sustentabilidade_udc 🌱💚

🌿 Máis de 50 participantes —entre estudantes e profesorado— compartindo plantas, coñecemento e boas prácticas
🌍 Un espazo de aprendizaxe, comunidade e compromiso coa sustentabilidade
🙌 Grazas a todas as persoas que o fixestes posible coa vosa participación e enerxía

📸 Queres ver máis eventos coma este? Síguenos nas nosas RRSS e non perdas as próximas actividades. Vémonos na seguinte! 🚀✨

🌱✨ TERCEIRO INTERCAMBIO DE PLANTAS ✨🌱

Tes plantas, esqueixes ou sementes que che gustaría intercambiar? Este é o teu momento! 💚
Volvemos coa terceira edición deste encontro verde onde as plantas cambian de fogar… e as ideas tamén 🌿

Este evento é un intercambio entre participantes, así que trae as túas plantas e atopa novas compañeiras mentres compartimos terra, substrato e boa enerxía. 🌍🌱

📅 Cando: 24 de marzo
⏰ Hora: 10:00 – 13:00
📍 Onde: Mesas Terceiro Andar da Facultade de Ciencias

Nós poñemos o espazo, a terra e algunhas sorpresas que non podes perder ✨ Ademais, axudarémoste con consellos para coidalas e trucos para que medren fortes e felices 🌿

🌱💫 Tanto se xa viñeches antes como se é a túa primeira vez, este intercambio é para ti!
Espalla a mensaxe e ven compartir natureza 💚

Resumen Polillada 2025

O venres celebramos a Polillada 2025 de UDCbigbang!
Durante a noite puidemos observar e identificar diferentes especies de avelaíñas nos arredores da Facultade de Ciencias, descubrindo así un pouquiño máis sobre a biodiversidade que habita no noso campus.

Grazas á Oficina de Sustentabilidade polo seu apoio nesta actividade.

💡 Estade atentos ás nosas redes e á nosa web para non perder as próximas propostas!


¡El viernes celebramos la Polillada 2025 de UDCbigbang!
Durante la noche pudimos observar e identificar diferentes especies de polillas alrededor de la Facultad de Ciencias, conociendo un poco más sobre la biodiversidad que habita en nuestro campus.

Gracias a la Oficina de Sostenibilidad por su apoyo en esta actividad.

💡 ¡Estate atento a nuestras redes sociales y web para no perderte las próximas actividades!

Polillada 2025

🌸✨ Coa chegada de maio… chega a polillada!
Anímate a descubrir os diferentes tipos de avelaiñas que habitan no campus de A Zapateira da Universidade da Coruña. 🔍
Non cho perdas! A natureza agárdate! 🌿
Actividade organizada en colaboración coa Oficina de sustentabilidade da UDC

Excursión Acuario 2025

🌊🐟 Apaixóaste polo mar? Esta excursión é para ti! 🐚🌿
Se che fascinan os peixes, as algas e toda a vida mariña que nos rodea, non podes perder esta saída especial organizada en colaboración co equipo do Acuario da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

🔍 Xuntos exploraremos a flora e fauna autóctona da nosa costa, aprendendo mentres gozamos da natureza mariña nun entorno privilexiado.

📅 ¡Non quedes sen praza!

Se tes dúbidas ou queres máis info, podes contactarnos por correo ou a través das nosas redes sociais.