Hoxe foi un día para lembrar ✨
Os membros de UDCbigbang tiveron a oportunidade de visitar o @muncyt_es, onde puideron descubrir de primeira man algunhas das invencións españolas máis destacadas, explorar como é un avión por dentro ✈️ e viaxar pola evolución da ciencia e da tecnoloxía desde 1900 ata 2000.
Unha tarde chea de aprendizaxe, curiosidade e moitas risas, na que tamén atopamos tempo para gravar algúns vídeos moi chulos 🎥
Seguimos sumando experiencias! 🚀
