Os nosos habitantes

Boaaaassss. Benvidos á cidade acuario. Aquí vivimos moitos vertebrados e
invertebrados en paz e harmonía. A continuación, imos presentarnos para que nos poidades coñecer.

Felipe

Olaaaa, eu son Felipe ou Gobius cobitis Gobio de rocha, aínda que prefiro que me chamedes Felipe. Levo no acuario dende tempos inmemoriais. Aínda que son o habitante máis grande do acuario, gústame moito a tranquilidade.

Ás veces, adoito pegarme ás paredes do acuariopara pasar o tempo, gústame bastante.

Filo: Chordata
Clase: Actinopterygiimll
Orde: Gobiiformes
Familia: Gobiidae

Jeff e Ajolote

Presentámonos, somos Jeff e Ajolote aínda que mundialmente somos coñecidos como Lepadogaster lepadogaster ou en Galicia como Zugadores. Somos un pouco reservados e tímidos, polo que pasamos a meirande parte do tempo baixo as rochas, pero se estas moi atento ás veces poderasnos ver durante a hora do xantar.

A nosa esperanza de vida é de tres anos, polo que non tardes moito en vir a visitarnos ou ao mellor xa non nos poderás coñecer.

Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Gobiesociformes
Familia: Gobiesocidae

Familia Pipa

Nós somos a familia Pipa, Peixe Pipa, aínda que tamén nos chaman Entelurus aequoreus. Somos unha familia moi curiosa, polo tendemos a movernos por todo acuario con fame do saber, ata nos agochamos tralas rochas… Tamén somos un
pouco lacazáns e preferimos arrastrarnos antes que nadar. Nesta familia somos moi diversos e cada unha pode ter unha cor distinta, ven descubrir as nosas!

Algúns científicos dinnos que estamos cerca, filoxenéticamente falando, dos cabaliños de
mar.

Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Syngnathiformes
Familia: Syngnathidae

Luisa

Ola, eu son Luísa, aínda que se non somos amigos, prefiro que me chames polo meu nome científico, Carcinus maenas. Dependendo da época, poderasme atopar dando voltas polo acuario ou podo mesmo baixo a area; iso si, a comer nunca falto e alborótome se me roubas a comida.

A verdade é que non son moi sociable e lévome mal cos demais peixes do acuario, polo que o xulgado do acuario planéase
desterrarme de volta ao mar.

Filo: Arthropoda
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Familia: Carcinidae

Ernesto

Benvidos, son Pachygrapsus marmoratus, aínda que me podedes chamar Ernesto o cangrexo.

En comparación con Luísa son moito menos activo, pero as veces semello Raio Mcqueen polas rochas. Gústame moito estar tempadas exiliado entre o teito que me brindan as rochas.

Filo: Arthropoda
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Familia: Grapsidae

Familia Rocky

Boas, nós somos a familia Rocky. Pode que nos coñezades polo noso nome común Cangrexo ermitán de roca, aínda oficialmente chamámonos Clibanarius erythropus.

Gústanos moito andar polo fondo do acuario e de vez en cando mudamos as nosas conchas. Se andas atentos poderás ver aos membros da nosa familia danzando no fondo do acuario.

Filo: Arthropoda
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Familia: Diogenidae

Familia Steven

Olaaaa, somos a familia Steven, conformada por moitos camaróns de charco ou Palaemon serratus. Somos unha familia moi grande e a súa vez moi pequena, xa que representamos a meirande parte da poboación do acuario, pero non medimos moito mais de 5 cm.

Gústanos ser omniscientes e vagar por todos os espazos, aínda que as paredes son o noso lugar favorito, sen dúbida algunha, non somos moito de rochas. Ás veces mudamos polo que pode que vexas algún que outro resto das nosas mudas no fondo do acuario
se andas atento.

Filo: Arthropoda
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Familia: Palaemonidae

Plankton

Boas, somos a familia Plankton, como o de Bob Esponja si, aínda que tamén nos podes coñecer como Copepoda.

A nosa familia, a diferenza do da serie, non lle intenta roubar a receita da Burger Cangreburger aos nosos amigos, ou non tanto, os cangrexos. Encántanos estar nas zonas onde predominan as algas. A simple vista parecemos puntiños brancos, pero se nos miras a ollo de microscopio cambiamos moito.

Filo: Artrópoda
Clase: Hexanauplia
Orde: Harpacticoida
Familia: Tisbidae (algúns deles)

Familia Poli

Benvidos, nós somos a familia Poli ou tamén pode ser que nos coñezades como Polychaeta.

Somos unha familia moi pequena en tamaño, non en número; podemos medir aproximadamente 1 cm, así que se non apuntas ben, complicaráseche moito poder observarnos a simple vista. Gústanos estar polas paredesxunto a familia Plankton.

Filo:Anelida
Clase: Polychaeta
Orden: sn.
Familia: sn.

Yukatá e Hexapatri

Presentámonos, somos Yukatá e Hexapatri. Somos estrelas de capitán ou Asterina gibbosa.

Gústanos movernos por todo o acuario, polo que pode ser frecuente que nos atopes tentando camuflarnos cos cristais. Hexapatri naceu con 6 brazos, pero xa fai moito que non o vemos, andará escondido ou ligando con outras estrelas.

Filo: Echinodermata
Clase: Asteroidea
Orde: Valvatida
Familia: Asterinidae

Os tres xemelgos

Benvidos, nos somos os tres
xemelgos. A simple vista recoñécesenos rápido, para que mentir, pido como cogombros de mar, pero se concretamos un pouco mais somos Holothuria forskali.

Adoitamos estar polas paredes do acuario e cando nos desprazamos deixamos un rastro de area. Iso si, as veces podemos exercer de sedentarios e estar semanas e semanas sen movernos do noso sitio.

Filo: Echinodermata
Clase: Holothuroidea
Orde: Holothuriida
Familia: Holothuriidae

Manfredie e Johnsons

Olaaaa, somos Manfredie e Johnsons. A pesar dos nomes tam chulos que nos puxeron os coidadores do acuario, os científicos prefiren chamarnos Marthasterias glacialis ou estrela de mar espiñenta, que nos gusta un pouco máis.

Adoramos estar polas rochas do acuario e os nosos coidadores séntense abraiados cada vez que nos botan de comer, somos irresistibles, xa que somos capaces de detectar a comida sen tocala e imos a por ela nun abrir e pechar de ollos.

Filo: Echinodermata
Clase: Asteroidea
Orde: Forcipulatida.
Familia: Asteriidae

Familia Begoña

Boas, somos a familia Begoña. Somos unha pequena familia de Ophiuroidea.

O noso pasatempo favorito e estar entre as rochas e sacar os nosos brazos para fóra

Filo: Echinodermata
Clase: Ophiuroidea

E ata aquí os habitantes de cidade acuario rapaces, pero estade moi atentos, a nosa cidade pode seguir crecendo en canto menos o esperedes!!!