🦖Onte estivemos no Fórum Metropolitano co noso taller de paleontoloxía, dentro da III Semana da Paleontoloxía!
Ao longo da xornada, máis de 150 cativos e cativas, acompañados polas súas familias, achegáronse ao mundo da paleontoloxía para aprender, descubrir e, sobre todo, gozar da ciencia. 🦴🔎
Moitas grazas ao CICA por contar connosco un ano máis para formar parte desta semana tan especial. E tamén á UDC, polas súas axudas ás asociacións, que facilitan e impulsan a realización deste tipo de actividades de divulgación científica. 💚
Se perdiches o evento, non te preocupes! Síguenos nas redes sociais para estar ao día das nosas próximas actividades e non perderte ningunha. 👀













